sábado, 28 de mayo de 2011

NO OS DEJARÉ HUÉRFANOS


En aquel tiempo, dijo Jesús a sus discípulos:
- Si me amáis, guardaréis mis mandamientos. Yo le pediré al Padre que os dé otro defensor, que esté siempre con vosotros, el Espíritu de la verdad. El mundo no puede recibirlo, porque no lo ve ni lo conoce; vosotros, en cambio, lo conocéis, porque vive con vosotros y está con vosotros.
No os dejaré huérfanos, volveré. Dentro de poco el mundo no me verá, pero vosotros me veréis y viviréis, porque yo sigo viviendo. Entonces sabréis que yo estoy con mi Padre, y vosotros conmigo y yo con vosotros. El que acepta mis mandamientos y los guarda, ése me ama; al que me ama lo amará mi Padre, y yo también lo amaré y me revelaré a él.

lunes, 23 de mayo de 2011

A PALABRA

Este tempo pascual é un encontro reiterado con Xesús resucitado e vitorioso.

As primeiras lecturas son de Feitos dos Apóstolos, as segundas da Primeira carta de San Pedro e as do Evanxeo, de San Lucas.

As lecturas de Feitos dos Apóstolos cóntannos cómo era a vida dos primeiros cristiáns que vivían en comunidades fraternas ata o punto de ter todo en común e de compartir os bens para que ninguén pasase necesidade.

O Apóstolos dicíanlles, con valentía, que o Xesús que eles crucificaran a pesar dos milagres e sinais que fixera, Deus resucitouno vencendo a morte.

Pedro invítanos a arrepentirnos e cambiar de vida para aproveitar a salvación que nos chega de Xesús. Tamén se dá conta de que os Apóstolos buscaron colaboradores elixindo a 7 diáconos que lles axudaran para atender aos pobres e necesitados, para que eles se puideran dedicar integramente a anunciar a boa nova de Xesús e bautizar aos que crían nel, que eran moitos.

Na carta de San Pedro hai unha louvanza a Deus pola resurrección de Xesús e por facernos renacer cristiáns, sendo a fe o noso gran tesouro. Invítanos a comportarnos con respecto durante o noso peregrinar por sermos rescatados polo sangue de Cristo.

Debemos aceptar o sufrimento a imitación de Xesús na cruz, cando se presente, e ser pedras vivas na construción do noso propio templo espiritual. E por riba de todo debemos manternos fieis aínda que o cumprimento do deber nos esixa sacrificio.

Nestas lecturas hai diferentes consellos que orientan a nosa vida cristiá.

Nos relatos evanxélicos aparecen varias aparicións de Xesús despois de resucitado, alentando a nosa fe nel. Xesús vive.

martes, 17 de mayo de 2011

MES DE MAIO, MES DE MARÍA

Dende sempre se veu celebrando, nas nosas comunidades parroquiais o mes de maio como mes de María. Un mes cheo de vida e colorido, e mes de María coa festa da Virxe de Fátima (día 13) e coa Visitación da Virxe María á súa curmá Sta. Isabel (día 31). Esta tradición vese hoxe reforzada coa celebración do día da Nai o primeiro domingo.

Xuntando todas estas coincidencias convértense nunha oportunidade para ver na nai María, a presenza da vida, do agarimo, da xenerosidade, da entrega, da presenza permanente nas alegrías e nas tristuras. Todas estas presenzas só deben ter unha actitude permanente, por parte dos fillos, de recoñecemento e gratitude.

A nai natureza, a nosa nai biolóxica e a nosa nai María son tres nais ás que debemos querer, respectar e agradecer todo canto nos brindan tan xenerosamente e sen esperar nada. Isto chámase gratuidade. A nosa actitude só debe ser recoñecemento. Unha natureza primaveral exuberante saúdanos coa súa cor e a súa fresca fragancia, para que valoremos a natureza e a vexamos como a obra de Deus que nós debemos coidar para entregar louza- na ás novas xeracións.

A nosa nai, que nos transmitiu a vida, o seu agarimo e os seus coidados nos primeiros momentos, que logo nos orientou polos camiños da vida, que nos foi modelan- do, que nos iniciou na fe ou rezou moitas veces por nós, tamén ten que ser correspondida agora co mesmo amor e cariño, non só nun día tan comercial senón todos os días do ano.

María, por outra parte, a Nai intercesora, modelo de virtudes, exemplo de xenerosidade e servizo vai- nos marcando o camiño cara a Xesús. Acompáñanos sempre incluso nos momentos difíciles como fixo con Xesús ao pé da cruz. ¡Roga por nós! 

jueves, 12 de mayo de 2011

TEMPO PASCUAL, TEMPO DE REFLEXIÓN E ACCIÓN

Os cristiáns somos conscientes, consecuencia de ser seguidores de Xesús, de que a nosa vida é un camiño permanente de encontro con Deus, ben a través da natureza –saída das mans do Creador–, ben a través da nosa relación persoal con Él. É dicir que, a nosa vida é unha experiencia-presenza de Deus na nosa vida.

Despois de celebrar un ano máis a Pascua de Resurrección non podemos conxugar o verbo “celebrar”, os misterios da paixón, morte e resurrección de Xesús, en tempo pasado senón en presente e en futuro. “Permanentemente levo en min a morte de Xesús para que tamén a vida de Xesús Resucitado se manifeste en min”, di S. Paulo.

Toda a liturxia pascual invítanos a vivir esperanzados: a cor branca da liturxia, as flores, os cantos son expresión gozosa da nova vida pascual. Toda esta experiencia, reforzada na Palabra de Deus e no alimento eucarístico, temos que compartila e comunicala como as mulleres cando descubriron o sepulcro baleiro, e
correron a comunicar “o que viran e escoitaran”.

Queridos fregueses e lectores: vivir a Pascua de Resurrección é algo tan importante que se non o fixeramos seriamos como dí o Apóstolo Paulo: “dignos de lástima”. “Se Cristo resucitou dentre os mortos e isto
é verdade” corramos a comunicalo con palabras e feitos.


Benjamín

jueves, 5 de mayo de 2011

NOVO BOLETÍN DISPONIBLE!

Acabamos de publicar o Boletín do mes de maio. Cando poidas, bótalle unha ollada clicando AQUÍ,  e despois cóntanos que che parece!