domingo, 20 de marzo de 2011

IGREXA COMUNIDADE DE SERVIZO

Fai uns días tiven que dar unha charla sobre o tema que se indica no título. O esquema era o seguinte: A Igrexa necesariamente ten que ser comunidade, e dicir, ter conciencia de ser comunidade, pero unha comunidade viva, polo tanto suxeta a cambios, adaptacións, erros e acertos, o que é a vida, pero esta comunidade ten unha característica fundamental que é a do servizo. É para servir e para servir na misión que ten a Igrexa: buscar primeiro o Reino de Deus e a su xustiza, que o demás ven dado por añadidura. E este servizo ten que facerse a través do anuncio da Palabra de Deus, da celebración da fe e do exercicio da caridade. Fixen fincapé no exercicio da caridade porque a xente á que iba dirixida a charla era voluntaria de algunhas cáritas parroquiais.


Atención aos mais pobres. Facendo análise da realidade. Ver no outro a Xesús que padece, etc

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!