O encontro de formación de mozos e mozas ten un calendario anual, coincidente co curso normal de catequese, no mesmo horario dos nenos e nenas máis pequenos.
Reúnense os domingos, no propio despacho parroquial, de 11 a 12, cun programa centrado no coñecemento e manexo da Biblia, orientado á formación dos mozos e mozas que o desexen para poder recibir o Sacramento da Confirmación.
O libro de texto é a Biblia, pero o contido do programa, de dous cursos de duración, trata de buscar a madureza na fe, a experiencia persoal de oración e o compromiso cristián, a patir do coñecemento de Xesús e da participación nas celebracións da comunidade parroquial, especialmente na Misa dos domingos que, xustamente, se celebra inmediatamente despois da sesión catequética.
Motivos de reflexión:
- Dios nos llama
- Nuestras respuestas
- Somos Iglesia
- Vivimos en comunidad
Temas que también nos preocupan
- Mi vida como cristiano
- Madurez y compromiso
- Grupo de Confirmación
- Testimonio de juventud
- Coherencia con la fe
- Relaciones de convivencia
- Descubrir a Dios en la Naturaleza, en la Palabra y en la Liturgia