Estas son as cousas a ter en conta:
![]() |
Cartel do Ano Santo Compostelano 2010 |
- Para gañar as grazas xubilares é preciso:
- Visitar a Catedral.
- Confesar e comungar (pódese facer outro día diferente do da peregrinación). Na parroquia teremos celebración penitencial o día 12, domingo, ás 11 da mañá.
- Rezar o Noso Pai e o Credo, e pedir polas intencións do Papa.
- Os que pasen pola Porta Santa, por razón da moita xente que hai este Ano Santo, deberán saír por outra porta indicada, que leva de novo á Praza da Quintana.
- Para entrar na Catedral para a Misa é obrigatorio facelo pola Porta de Praterías (está prohibido pasar mochilas).
- A parroquia dos Tilos intentará situarse na ala-cruceiro da nave de Praterías.
- Os que queiran ir camiñando sairán da parroquia ás 3 da tarde.
- Os menores de idade deben ir acompañados dos seus pais ou titores.
A graza do Xubileo consiste fundamentalmente nunha indulxencia plenaria, para o perdón da pena temporal que merecen os nosos pecados.
¡Animádevos a participar desta peregrinación en comunidade e en Fe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
O noso blog necesita dos teus comentarios!