lunes, 1 de noviembre de 2010

Día de tódos os Santos

Unha das celebracións máis coñecidas é a festa de Todos os Santos, festa recordo para todos, especialmente para os membros da Igrexa Católica, aínda que a vinculemos case totalmente á conmemoración dos Fieis Defuntos (2 de Novembro), desvinculándoa da realidade viva, actual, dos membros peregrinos da Igrexa.

¿É necesaria esta Festa de Todos os Santos? Creo que sí. Nesta festa non só recordamos ós santos, chamados tamén "benaventurados", senón que tamén é unha chamada permanente a ser santos, unha aspiración que debemos facer viva todos os días do ano e, en todos os ámbitos nos que medramos como persoas: familia, traballo, ocio, saúde, enfermidade, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso blog necesita dos teus comentarios!